ESTACIÓN DE SERVICIO A GÁNDARA
No centro do polígono industrial que comparten Narón e Ferrol, a maior zona comercial da comarca, a estación de servicio " A Gándara" non só suministra aos consumidores gasolinas sen chumbo e gasóleos coa calidade certificada de CEPSA, senón que da mais completa área de lavado da zona e oferta aos clientes unha variada gama de axudas para satisfacer as necesidades dos seus automóbiles. ESTACIÓN DE SERVICIO A CAPELA
Situada na estrada que comunica Cabanas e As Pontes, un dos maiores centros industriales de Galicia, a estación de servicio " As Veigas " presta especial atención aos profesionais do transporte por estrada sen descuidar aos clientes particulares. A estación " As Veigas" dispón de surtidores de gasóleos A, B e especial, así como de gasolinas de 95 e 98 N.O. Aberta durante 15 horas ao día, presta servicios de reparación de neumáticos e dispón de boxes de lavado de automóbiles.
ALMACÉN FISCAL DE HIDROCARBUROS
O almacén fiscal de hidrocarburos do grupo A Capela presta servizos de suministro a domicilio de gasóleos de automoción, agrícolas e de calefacción nun amplio territorio das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. É o primeiro distribuidor destes productos nas comarcas citadas, e conta con máis de 12.000 clientes, entre eles particulares, medianas e grandes empresas e intitucións públicas. A calidade dos productos da marca Repsol, cos que traballa exclusivamente, garanten a plena satisfacción dos consumidores. A empresa conta cun certificado de calidade e foi recoñecida no 1994, 1996, 2000 e 2001 co premio rexional á calidade do servizo CAMPSA. No ano 1996 recibiu o premio nacional da mesma compañía.
A flota de camións da empresa permite garantir o suministro de combustible en calquera lugar da comarca nun prazo de 24 horas.
Complementariamente, a empresa ofrece a quen o desexe mostras dos productos que distribúe e análises dos mesmos.